
O grupo teatral Andanzas, de Viveiro, representará a obra titulada Los hombres mienten no Teatro Pastor Díaz este sábado, día 2 de maio, ás 20:30 horas. A entrada é gratuíta ata completar aforo.
O Concello de Viveiro anuncia que “este sábado, o teatro local toma as rendas coa divertida comedia Los hombres mienten. O grupo de teatro Andanzas, de Viveiro, promete unha velada inesquecible para o público adulto. Unha oportunidade perfecta para apoiar o talento da nosa vila e gozar dun bo rato entre risas”.


