O grupo teatral 57 Palabras, de Viveiro, representa en Ribadeo a obra “Sen frores nin coroas” este domingo, 18 de maio

O grupo teatral 57 Palabras, de Viveiro, representará en Ribadeo a súa obra titulada Sen frores nin coroas. Será este domingo, día 18 de maio, ás 20:00 horas no Teatro ribadense.

57 Palabras inicia así a súa andaina representando en galego, anuncia o Concello de Ribadeo.

O prezo da entrada é de 3 euros.