
O Teatro das Cortes, que está no lugar de Xestoso, en Cabanas (O Vicedo) organiza unha xornada dedicada a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao para este sábado, día 20 de setembro, a partir das 18:00 horas. A entrada é de balde.
Ás 18:00 horas terá lugar a presentación e visita á exposición Sempre en Galiza 1944-2024, a cargo dos Quinquilláns. Despois haberá unha proxección audiovisual sobre Castelao. Para as 19:00 horas está programada unha representación de Cousas, de Castelao, a cargo de Os Quinquilláns Teatro. E ás 20:30 horas rematará a xornada cun concerto do grupo Barahúnda.