O Vicedo celebra as súas festas patronais do 31 de xullo ao 2 de agosto

A partir deste venres, día 31 de xullo, O Vicedo celebra as súas festas patronais na honra a Santo Estevo e Santa Lucía durante tres días e un “amplo programa de actividades. Lembramos que o luns 3 de agosto será festivo local”, anuncia o Concello de O Vicedo.

As actividades comezarán o venres ás 22:45 horas con verbena amenizada polo dúo Veneguay e a orquestra Gran Parada.

O sábado haberá pasacalles co grupo de gaitas Cuarteto Ortegal desde as 10:30 horas, eucaristía solemne ás 12 horas e despois procesión e sesión vermú a cargo do grupo Fénix, que tamén actuará na verbena xunto á orquestra Galilea.

E o domingo ás 12:00 horas celebrarase misa de campaña na praia de Xilloi, seguida de procesión e sesión vermú longa amenizada polo grupo Jaque e a charanga Mekánika Rolling Band. Ás 18:30 horas haberá pasacalles a cargo do grupo de música tradicional Saíñas, de Xove, e desde as 21:00 horas, verbena amenizada polo rapeiro XMaseda65 e o grupo Jaque.