O XVII Mercado Renacentista de Viveiro celebrarase do 4 ao 7 de xullo

O Concello de Viveiro anuncia as datas do Mercado Renacentista, que alcanza a súa décimo sétima edición os próximos días 4, 5, 6 e 7 de xullo e xa é unha cita cultural e turística de referencia en Galicia.

“O Mercado Renacentista é unha data especial para Viveiro, unha festa que pon en valor a nosa historia, o legado dos nosos antepasados, que involucra a toda a veciñanza e que serve tamén para dinamizar o noso comercio e hostalería”, indica a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

Nos próximos días, o concello publicará o prazo para solicitar as cadeiras e mesas, así como a ocupación do espazo público da comida do sábado 6 de xullo.

O concello sacou a licitación a organización do Mercado Renacentista, que este ano corresponderá a unha nova empresa. O concello só cede os espazos sen ningún custe económico para as arcas municipais.

O desembarco de Carlos V, os xantares na rúa e o ambiente renacentista son o gran reclamo dun Mercado, que loce no se máximo esplendor co patrimonio cultural de Viveiro.