Os días 30 e 31 de outubro haberá actividades de Samaín en Cervo e San Ciprián

O Concello de Cervo anuncia que os días 30 e 31 de outubro, venres e sábado desta semana, haberá actividades para celebrar o Samaín en Cervo e San Ciprián.

“Cervo prepárase para vivir un Samaín de medo! Este venres e sábado temos unha fin de semana chea de diversión, sustos e moita maxia en Cervo!”, comenta o Concello, que especifica: o venres 30 de outubro ás 17:30 horas nas Escolas Vellas de Cervo haberá festa con taller de Samaín e a actuación infantil Latexos, de K’Paparota. É unha actividade organizada por Airiños do Xunco coa colaboración do Concello de Cervo. E o sábado 31 ás 17:30 horas na Casa do Mar de San Ciprián terá lugar un espectáculo infantil con baile, pintacaras e chocolate con churros “para gozar dunha tarde terrorificamente divertida”.

“Animádevos a vir disfrazados coas vosas vestimentas máis terroríficas! Bruxas, pantasmas, monstros e pequenos vampiros serán máis que benvidos para encher Cervo de espírito de Samaín!”, remata o Concello de Cervo.