
A asociación de comerciantes do Centro Histórico de Viveiro pon en marcha un clásico das súas campañas de dinamización o Shopping Weekend.
Esta fin de semana o Centro Comercial Histórico de Viveiro aposta unha vez máis por impulsar as compras e o ocio na súa cidade e pon en marcha este venres 6 e sábado 7 de xuño a campaña Shopping Weekend, un fin de semana de compras ofrecendo fantásticos descontos en miles de artigos.
Desde a organización sinalan que “esta campaña sempre é un éxito de afluencia de xente a mercar no comercio local, porque os descontos son moi atractivos e poden aproveitar para facerse con artigos para a temporada de verán agora que está a vir o bo tempo. Pero aínda hai mais!! E que os Bonos Comercio están en marcha dende o mércores 4 de xuño, polo que os descontos aínda poden ser maiores si se aproveitan os 30€ do Bono.. vamos que as compras deste finde poden ser un choio”.
E engaden: “e a campaña de Días Azuis da Federación Galega de Comercio tamén está en marcha, e sortean 20.000 euros en premios en tarxetas de 150 euros e 250 euros, só por subir os tíckets das compras no comercio local a www.diasazuis.com, súper fácil e nas anteriores edicións sempre houbo gañadores de Viveiro.. así que a probar sorte que o fin de semana de compras pode saír redondo”.
Os locais participantes na Shopping Weekend estarán identificados cos distintivos da campaña, banderolas de color fucsia de 2,60 metros de altura colocadas nas entradas dos comercios, indicando o desconto do 20%, así como vinilos de cor pegados nos escaparates. Deste xeito para o cliente é moi sinxelo identificar aqueles locais nos que poderá desfrutar da campaña de descontos. Trátase de ofrecer ó cliente a mellor calidade, variedade e prezo, sen ter que desprazarse, mercando no comercio local, un comercio que ofrece un trato persoal e profesional.
Desde Centro Histórico de Viveiro subliñan que “é moi importante lembrar que estes descontos non son acumulables a outras ofertas que xa teñan nos comercios, a encargos ou a devolucións, xa que é unha campaña puntual organizada só para as vendas destes dous días. É unha oportunidade fantástica para pasar a fin de semana facendo compras nos máis de 40 comercios participantes e desfrutar de descontos do 20% en miles de artigos. Participan locais de moda de muller e nenos, calzado, complementos, artigos de deporte, lencería, xoias, mobles, decoración,agasallos, artigos para o fogar, iluminación, óptica, estancos esalóns de peiteado”.
Esta campaña está cofinanciada pola Xunta de Galicia, dentro das axudas para a dinamización de Centros Comerciais Abertos de Galicia.
Dende o CCHV “animamos a veciños e visitantes a vir este fin de semana polo centro histórico de Viveiro, aproveitar para desfrutar dun dia de compras ó aire libre, mercando con fantásticos descontos e de paso desfrutar da hostalaría, das terrazas e da gastronomía que nos ofrece esta zona”.