
Ribadeo acollerá un taller de taichi este sábado, 28 de marzo.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explicou que “se trata dunha actividade gratuíta, que terá lugar entre as 12:00 e as 13:30 na praza Pancho Maseda”. As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse ao seguinte número de teléfono 636 39 93 95 (Gabi).
Colaboran na organización o Concello de Ribadeo e Chen Taichi Center Gijón.
Silvent animou “aos amantes desta disciplina a achegarse este sábado á praza Pancho Maseda a disfrutar dunha mañá de deporte ao aire libre e de xeito gratuíto”.


