
María Teresa Díaz Sanjurjo, veciña de Castropol, resultou agraciada coa campaña da Volta ao Cole de Acisa Ribadeo. O premio, de 100 euros en vales de compra, correspondeu a unha papeleta por unha compra realizada en Siñeiro Hogar. Os outros dous premios quedaron desertos ao non ser reclamados.
Este mércores, 30 de setembro, rematou o prazo para reclamar os premios da campaña Volta ao Cole, de Acisa Ribadeo, na que se sorteaban un total de 300 euros repartidos en tres premios de 100 euros cada un.
Desde Acisa a súa presidenta, Carmen Cruzado, felicita á gañadora e agradece “unha vez máis a participación dos clientes nesta campaña de Volta ao Cole así como a colaboración dos establecementos asociados. Toda axuda, sobre todo neste período, é benvida en calquera fogar”.
O xerente do colectivo empresarial ribadense, Jesús Pérez, indicou que “María Teresa Díaz recibiu os 100 euros en vales de compra de Acisa Ribadeo, que poderá utilizar nos nosos establecementos asociados. Os outros dous premios, tamén de 100 euros cada un, quedaron finalmente desertos ao non ser reclamados dentro do prazo establecido”.


