Vilaxoane (Foz) celebrará as festas de San Blas os días 3, 6, 7 e 8 de febreiro

Vilaxoane, en Foz, celebrará as festas na honra a San Blas os días 3, 6, 7 e 8 de febreiro.

As actividades comezarán o martes 3 de febreiro, día do patrón. Ás 13:00 horas celebrarase misa solemne, procesión e bendición do tradicional Pan de San Blas. Ás 18:30 horas haberá outra misa solemne e farase a imposición do santo todo o día.

Para o venres 6 febreiro está programada unha verbena amenizada polo dúo Belinda e a orquestra Gran Parada.

O sábado 7 haberá sesión vermú co grupo D'Kris, que tamén actuará na verbena xunto á orquestra Principal.

E o domingo 8 febreiro celebrarase a Festa dos Callos San Blas 2026, organizada pola Peña Fálame Sempre e para a cal poderán reservarse anticipadamente os tickets ata o día 03 de febreiro na librería A Rapadoira. Tamén haberá sesión vermú co dj Take Sound.

O recinto das festas estará cuberto con carpa e haberá calefacción.