Viveiro acolle carreiras de cabalos esta fin de semana, días 13 e 14 de setembro

O campo de fútbol de Celeiro acolle a sexta edición das carreiras de cabalos Cidade de Viveiro esta fin de semana, o sábado 13 e o domingo 14 de setembro.

O sábado terá lugar a final do Campionato Galego Individual e por equipos e o domingo será a quenda das probas clasificatorias e das catro modalidades de andadura.