Viveiro acollerá o 10 de febreiro un obradoiro sobre ciberseguidade

A Aula CeMIT de Viveiro, que está nos Claustros de San Francisco, acollerá un obradoiro sobre ciberseguridade o día 10 de febreiro, martes, de 10:00 a 12:00 horas.

O Concello de Viveiro convida a participar “neste obradoiro práctico no que aprenderás a protexer a túa empresa no mundo dixital: identificar riscos, recoñecer correos fraudulentos e manter seguras as túas credenciais e dispositivos. Dirixido a pemes, persoas autónomas e a calquera persoa interesada en mellorar a súa seguridade dixital”.