A XI xuntanza de vehículos clásicos de Mondoñedo celebrarase o 21 de xuño

O Concello de Mondoñedo anuncia que “vén de presentarse a XI edición da Xuntanza de Coches Clásicos de Mondoñedo que se celebrará na cidade episcopal o sábado 21 de xuño de 2025”. No acto participaron o alcalde, Manuel Otero, e a concelleira Patricia Otero.

Está organizada pola Asociación Clásicos Mindoniense Mira e Anda, que conta coa colaboración do Concello de Mondoñedo, entre outras entidades.