
Xosé Manuel Beiras ofrecerá unha conferencia sobre Francisco Fernández del Riego en Vilanova de Lourenzá este domingo, día 10 de maio, ás 12:30 horas.
A charla, titulada Paco del Riego e a cultura lúdica galega, terá lugar no salón de actos do Concello de Lourenzá e será presentada por Isabel Vilalba Seivane (labrega, sindicalista e veciña do val).
Esta conferencia está incluída no programa de actividades do VII Curso de Formación sobre o Patrimonio Lúdico - II Escola de Verán de Xogos Tradicionais Iberia Ludens, sobre Xogo, sustentabilidade e inclusión.


