Xove celebra a Festa das Flores o sábado 18 de maio

Xove celebrará a súa Festa das Flores o día 18 de maio, sábado, desde as 10:30 horas, cando se abrirá o mercado tradicional.

A partir das 11:30 horas haberá pasacalles coa Asociación Cultural Saíñas e a charanga NBA e demostración de oficios tradicionais. Ás 13:00 horas celebrarase misa solemne coan ofrenda floral á Virxe e ás 14:15, sesión vermú co grupo Rubí. Tamén haberá obradoiros de cerámica e de flores, para nenos e nenas, actuará Caxoto ás 18:00 horas e ás 22:00 horas empezará a verbena co grupo Rubí e Discomóbil Conxuro, para rematar cunha queimada popular.

A organización, que corre a cargo do Concello de Xove e da Asociación de Festejos Montevelle, anuncia: “o sábado 18 de maio celebramos a primavera en Xove coa Festa das Flores ou Fillas de María: Mercado tradicional, pasarrúas, obradoiros, contacontos, inchables, música, e moitas flores”.