
Un ano máis a Agrupación Cultural Francisco Lanza organiza as xornadas de historia local. Nesta ocasión, na súa edición vixésimo cuarta, están dedicadas á figura de Hernán Naval e o seu legado como docente da música e como activista social e cultural. Todas as sesións vanse desenvolver na Escola de Música de Ribadeo, o mércores 29 e o xoves 30 de xullo, a partir das 20:30 horas.
O colectivo organizador anuncia que “de xeito máis concreto, este será o programa: XXIV Xornadas de Historia Local (Hernán Naval. Música, pobo e compromiso). Mércores 29 de xullo ás 20,30 horas no Claustro da Escola de Música, A música, piar da sociedade, semblanza da figura de Hernán Naval feita por Rubén Solloso. Concerto de cámara: Grupo Naval Ensemble (Nicolás Gómez Naval, Paula Naval Parapar, Mateo Gómez Naval, Zeltia Pardo Naval, Xiana Naval Chaves e Plácido Travieso Fernández). E xoves 30 de xullo ás 20,30 horas no salón de actos da Escola de Música; mesa redonda en torno ao legado de Hernán Naval como profesor de música, pero tamén como persoa, sempre un amigo ao teu carón, con María Fernández Ramil, Patricia Díaz López, Daniel Rodríguez Saavedra e Miguel Ángel Fernández (Cherry)”.


