A XXXV carreira San Silvestre de Ribadeo disputarase o 31 de decembro

O luns 17 de novembro ábrense as inscricións para participar na XXXV San Silvestre Ribadeo. O prazo estará aberto ata o 25 de decembro en www.championchipnorte.com. A saída da mini San Silvestre para nenas e nenos menores de catro anos será o 31 de decembro ás 16:40 horas; para as nenas e nenos con idades comprendidas entre os 4 e os 7 anos a proba dará comezo ás 16:45 horas; e ás 16:50 horas será a saída da milla para a rapazada de 8 a 11 anos. Para as 17 horas está prevista a saída da San Silvestre.

Para os mellores clasificados haberá premios en metálico e trofeos, realizados pola Asociación Saúde Mental A Mariña.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima “a nenos e adultos a participar un ano máis na San Silvestre de Ribadeo para despedir o ano de xeito saudable, facendo deporte todos xuntos”.

Na presentación da San Silvestre participaron o alcalde, Dani Vega; o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent; e o técnico municipal de Deportes, Iván López.

A XXXV San Silvestre está organizada polo Concello de Ribadeo. Colaboran: Gadis e Eroski.