O día 19 de novembro haberá unha observación astronómica en Burela. Está organizada por Chao de Castro Altair.

O día 19 de novembro haberá unha observación astronómica en Burela. Está organizada por Chao de Castro Altair.
 
O grupo educativo Chao de Castro Altair e a ETL Altair Galiza organizan unha observación astronómica de balde e aberta a todos os públicos que terá lugar o sábado 19 de novembro entre as 18:30 e 22:30 horas en Burela.
 
A actividade dará comezo ás 18:30 horas no Hotel Nordés cunha breve exposición a cargo de Alfredo Madrigal sobre orientación no ceo e sobre cuestións xerais de astronomía que para o público presente podan ser de interese. A observación será no paseo marítimo (no espigón da praia do Cabaliño) e estará dispoñible até as 22:30 horas do 19 de novembro para todo aquel que se queira acercar a dar unha vista de ollos. Na actividade vanse utilizar telescopios profesionais propiedade da Agrupación Astronómica Io da Coruña mais se alguén ten un telescopio na casa e quere traelo pode aproveitar e facelo. 
 
Desde Altair agradecen “a colaboración na organización desta actividade da Agrupación Io, a Área de Cultura da Deputación de Lugo, o Hotel Nordés e o Concello de Burela. A actividade insérese dentro do programa do Curso Oficial de Monitores nos Tempos Libres que a escola está desenvolvendo en Burela”.
 
O grupo educativo Chao de Castro Altair desenvolve as súas actividades dirixidas a rapaces e raparigas de entre 7 e 17 anos todos os sábados entre as 16 e 19 horas na Casa da Xuventude de Burela, abertas quen queira inscribirse. Os interesados poden obter máis información en:
chaodecastro.altair.burela@gmail.com e chamando ao teléfono 685.32.51.53.