touchetennis
Este sábado, día 24 de maio, disputarase en Burela o torneo de touchtennis e tenis 5ª proba do 3º Circuíto entre Escolas de Tenis, un evento deportivo dirixido a nenos e nenas de 6 a 16 anos organizado en colaboración co Club de Tenis Pádel A Marosa.
O Concello de Burela explica que “para a cativada (de 6 a 12 anos) a competición será en modalidade touchtennis, con pistas máis pequenas e pelotas máis lixeiras, ideais para unha experiencia máis divertida e adaptada. A mocidade (infantís e cadetes) xogará en pista completa con bolas estándar. O torneo dividirase en cinco categorías, con trofeos para o 1º e 2º posto e agasallo de participación para o resto. Ademais, os/as participantes gozarán dun petisco a media mañá para repoñer forzas
Será nas instalacións do Club de Tenis Pádel A Marosa de 10:00 a 14:00 horas. A inscrición custa 7 euros e a data límite para inscribirse...
leer más