Atlético de Madrid

05/06/2025

Está aberta a inscrición para participar no campus de verán do Atlético de Madrid que se desenvolverá en Ribadeo do 28 de xullo ao 9 de agosto.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explicou que “haberá dúas quendas deste campus: unha que terá lugar do 28 de xullo ao 2 de agosto e outra do 4 ao 9 de agosto. Desenvolverase de luns a sábado en horario de 9:30 a 14:00 horas e está destinado a rapaces de 5 a 16 anos. Os participantes recibirán valoración técnica, equipamento do campus do Atlético de Madrid, diploma acreditativo, así como recordos e fotografías”.

Silvent contou que “este campus contará con servizo de autobús entre Foz e Ribadeo pasando por San Cosme de Barreiros e San Miguel de Reinante e entre La Caridad e Ribadeo pasando por Valdepares, Tapia, Figueras, Barres, Castropol e Vegadeo. Todo...

leer más