Marilar Aleixandre

09/08/2025

O mércores 13 de agosto ás oito da tarde na Biblioteca Pública Municipal El Viejo Pancho, de Ribadeo, terá lugar a presentación do libro As bocas cosidas, de Marilar Aleixandre.

Organizada pola asociación veciñal O Tesón, con colaboración da Casa das Letras, a Editorial Galaxia e o Concello de Ribadeo, “contará coa presenza da autora, Marilar Aleixandre, académica de número da RAG e entre outras moitas distincións Premio Nacional de Narrativa 2022 e premio San Clemente 2003, e do tamén académico, a máis de paisano, Lourenzo Fernández Prieto. Introducirá o acto Antonio Gregorio. O acto corresponderá a un formato de tipo conversa”, anuncia O Tesón, que explica: “As bocas cosidas é o último libro de Marilar Aleixandre, novelado a partir dun episodio familiar. En xaneiro de 2010 ó pai da autora pedíronlle saliva para...

leer más