ODS
O xoves 9 de outubro ás 17:00 horas Burela acollerá a actividade Ruta Guiada: Tódolos ODS son locais, dirixida a mozas e mozos de entre 12 e 18 anos. A proposta celébrase en colaboración co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, no marco do programa People & Planet, do que o Concello de Burela forma parte. Froito deste proxecto estableceuse unha ruta pola vila que vincula diferentes espazos cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
O Concello de Burela explica que “o CIM (Centro de Información á Muller) está relacionado co ODS 5 (Igualdade de Xénero); a estación de autobuses e tren, co ODS 11 (Cidades e comunidades sostibles); a fonte de Neptuno, co ODS 6 (Auga limpa e saneamento); os hortos urbanos, co ODS 2 (Fame cero); a praia da Marosa, co ODS 14 (Vida mariña); e o monte Castelo, co ODS 13 (Acción polo clima). En...
leer más