Paco Nieto
O xornalista lugués Paco Nieto presentará en Ribadeo o seu libro titulado Bo proveito, amiguiños. Lugo, 90 anos de radio. Será o 24 de outubro no Salón dos Alcaldes do Concello ás 19:30 horas.
O libro é un reflexo da paixón que Paco Nieto sente pola radio, medio no que traballou en Lugo durante 47 anos, primeiro en Radio Popular-Cope e desde 1999 ata a súa xubilación en Radio Lugo-Cadena Ser. Música, programas matinais ou tertulias de actualidade foron algúns dos formatos nos que desenvolveu a súa profesión.
No libro Paco Nieto recolle o nome de arredor de 400 mulleres e homes que formaron parte da radio na provincia de Lugo, de norte a sur, de leste a oeste, ao longo de 90 anos desde 1935 ata 2025.
Foi un 27 de outubro de 1935 cando a radio local se poñía en marcha en Lugo. E...
leer más