Redrum teatro

02/12/2025

A compañía Redrum teatro representará en Viveiro a obra titulada Os contos do Lobicán este sábado, día 6 de decembro. Será no Teatro Pastor Díaz ás 18:00 horas.

Cunha duración de 40 minutos está obra de monicreques está dirixida ao público infantil, de 3 a 6 anos de idade. A autora é Eva Mejuto e está dirixida por Alex Sampayo.

O elenco artístico está formado por Guillermo Carbajo e Victoria Pérez. E a sinopse é a seguinte: “Os contos do Lobicán é unha historia en verso, áxil e atrevida, destinada a nenos e nenas de entre 3 e 8 anos, que busca darlle a volta aos contos clásicos ao tempo que transmite unha mensaxe educativa e valores universais como a amizade, a cooperación, o respecto pola natureza, o pensamento crítico e a importancia da imaxinación. O marabilloso texto de Eva Mejuto foi gañador...

leer más