Festiña de Nadal
20/12/2025
A parroquia de Fórnea, no municipio de Trabada, celebrará unha Festiña de Nadal o día 22 de decembro, luns,
As actividades comezarán ás 17:00 horas cunha actuación do Mago Rafa, ás 18:15 chegará o Apalpador e desde as 19:00 horas haberá Chocolatada con actuación musical de Erikas e Peluxías
É unha actividade organizada pola Asociación Cultural Os Tres Pés e o Concello de Trabada anuncia: “seguimos comprometidos co impulso de iniciativas culturais e coa dinamización das nosas parroquias”.



