Papanoleada
22/12/2025
O Moto Clube Val do Ouro organiza unha Papanoelada Moteira para este mércores, día 24 de decembro, en Ferreira do Valadouro.
Ás 11:40 horas os participantes reuniranse na explanada do Matadoiro (praza Concepción Arenal), de onde sairán ás 12:00 horas. Ás 12:30 horas haberá unha recepción de Papá Noel na praza de Santa María e degustación de churros con chocolate.



