Duarte Correa

12/06/2026

O analista internacional e escritor Duarte Correa ofrecerá unha charla en Foz sobre a guerra en Oriente Medio. Será o día 19 de xuño, venres, ás 20:30 horas na Casa da Cultura focega.

Este acto público, titulado A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán, está organizado pola asociación sociocultural A Pomba do Arco, de Foz.

13/04/2026

Este venres, día 17 de abril, ás 20:30 horas na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, de Ribadeo, terá lugar a presentación do libro titulado O imperialismo no século XXI, de Duarte Correa Piñeiro, editado por Tempo  Galiza Editora. É un acto organizado pola Agrupación Cultural Francisco Lanza (ACFL) e intervirán Dores Fernández Abel (da ACFL) e o propio autor.

A Agrupación Cultural Francisco Lanza explica: “Duarte Correa xa nos visitou no ano 2022 para darnos unha charla sobre a situación política internacional, nomeadamente sobre a guerra de Ucraína. De novo imos poder gozar da súa capacidade de análise e síntese para ofrecernos unha visión actualizada dun contexto xeopolítico extremadamente cambiante e inestábel”.