O Trece
A segunda edición da Andaina e Xantar Popular do Trece, en Carballido (Alfoz), celebrarase o día 16 de maio, sábado, desde as 10:30 horas. Nese momento sairá a andaina, con dificultade baixa, desde o lugar do Trece, onde tamén rematará o percorrido.
Esta xornada está organizada pola Asociación de Veciños San Sebastián de Carballido, que anuncia: “unha andaina de dificultade baixa pola mañá polos bonitos rincóns da contorna do Trece, cun percorrido de 11,5 quilómetros e 2 horas de duración aproximadamente). E despois, en recinto cuberto con carpa, disfrutaremos dunha sesión vermú con Carrete Mix, seguida dun xantar empezando cuns entrantes e logo un espectacular lacón de porco celta asado en forno de leña, e tamén postre, café, chupito … Teremos un tardeo con Carrete Mix e o seu karaoke, no que poderedes cantar tod@s @s que queirades. E...
leer más



