Activa Comercio

Etiquetas:
27/05/2026

A Xunta de Galicia abriu este mércores, 27 de maio, o prazo para que os cidadáns interesados soliciten os Bonos Activa Comercio, que poderán empregar en máis de 750 establecementos da provincia de Lugo inscritos polo momento na campaña. Ata o esgotamento do crédito poden seguir sumándose novos negocios.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou catro tendas lucenses adheridas ao programa, impulsado polo Goberno galego para incentivar as compras nos establecementos de proximidade. As firmas que visitou foron Landra Shop, Mariña, Cepecé e a xoiaría Lamela.

Arias salientou “a boa acollida que está a ter de novo a medida, tanto pola cidadanía como polo sector. De feito, adiantou que nas primeiras tres horas dende que abriu o prazo para descargar os bonos – entre as nove da mañá e as doce...

leer más