Ría de Ribadeo

24/07/2026

Nas instalacións do Real Club Náutico de Ribadeo (RCNR) tivo lugar a presentación da XXXVI Semana Naútica, que se desenvolverá do 1 ao 14 de agosto. Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno.

No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández; o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero; un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo; e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario.

Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.