II Half Triatlón

03/09/2026

Todo está listo para o II Half Triatlón Ribadeo, que terá lugar este sábado, 5 de setembro. No evento participarán arredor de 250 deportistas. Está organizado por Laetus Sport e conta coa colaboración do Concello ribadense.

Segundo explican os organizadores: “trátase dunha proba de carácter nacional puntuable para o ranking nacional de media e longa distancia e na que se disputará tamén o campionato galego nas modalidades Half Aquabike e Half Triatlón”.

A proba dará comezo na praia dos Bloques cun percorrido de natación de 1.000 metros para a distancia Short e 2.000 para a distancia Half, despois terá lugar un percorrido ciclista de 40 quilómetros e unha carreira a pé duns 10 quilómetros. Toda a información está dispoñible na páxina oficial:...

leer más