multidisciplinar
03/11/2026
O Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acolle este domingo, día 8 de novembro, ás 19:00 horas o espectáculo multidisciplinar titulado Na Cerna do Son. A entrada é de balde ata completar aforo
O Concello de Viveiro anuncia que é un “espectáculo que mestura danza, poesía e música en directo de piano e caixón e que rende homenaxe á emigración galega ó longo do século pasado cun percorrido polas melodías e estampas que unen aos continentes”.
O elenco está formado por: Ricardo Fernández (bailarín de Nova Galega de Danza), Luis Iglesia (declamador), Moisés Fernández (caixón), Paty Lesta (voz), Cristian Leggiero (dirección musical e piano) e Iván Villar (dirección artística).



