Mar Ferreiro
06/11/2026
Este sábado, día 7 de novembro, ás 17:30 horas a escritora Mar Ferreiro Rozas, natural de San Adriano (Lourenzá), presentará nos baixos da Casa do Concello de Lourenzá a súa segunda obra, Douche o que non teño, un poemario escrito integramente en galego e publicado por Medulia Editorial.
Anuncia este acto o Concello de Lourenzá, que explica: “a través desta nova publicación, a autora achéganos unha poesía que combina a crítica social coa expresión dos sentimentos, o amor e as emocións máis íntimas. Unha presentación especialmente significativa, xa que Mar escolleu a súa terra natal para dar a coñecer o libro por primeira vez”.
Na presentación haberá acompañamento musical de piano e rematará cunha sinatura de exemplares.



