Thriller

14/11/2026

Este domingo, día 15 de novembro, ás 19:30 horas volve o teatro á Casa da Cultura de O Vicedo cunha obra dunha compañía profesional de Lugo chamada Teatro do Miolo e que representará A Redención de Abel, unha obra entre a comedia e a traxedia dirixida público adulto. A entrada é gratuíta.

A sinopse da obra é a seguinte: “Abel, ex vendedor de seguros de decesos, agocha un escuro segredo. O seu peculiar xeito de apouvigar a frustración, xunto cun pasado traumático, fan del un ser desalmado disposto a cometer os actos máis execrábeis con tal de satisfacer a súa perversión. Mais Amelia, única habitante dunha aldea perdida nalgún lugar da serra courelá, non llo vai poñer nada doado. Dotada de sabedoría ancestral e unha grande forza vital, plantaralle cara á besta que roe nel, chegando a desarmalo por completo. A cabalo entre o thriller...

leer más