A asociación Arroutada coa colaboración do Concello de Cervo organiza a carreira San Silvestre San Ciprián 2016 este sábado, 31 de decembro.

A asociación Arroutada coa colaboración do Concello de Cervo organiza a carreira San Silvestre San Ciprián 2016 este sábado, 31 de decembro.
 
A asociación Arroutada coa colaboración do Concello de Cervo organiza a segunda edición da carreira San Silvestre San Ciprián, que se celebrará este sábado, día 31 de decembro, a partir das 11:30 horas. A proba foi presentada polo concelleiro de Deportes, José Ramón Soto, e por un representante do colectivo Arroutada, Marcos González.
 
O concelleiro de Deportes, José Ramón Soto, anunciou que “este evento terá lugar este sábado, 31 de decembro, día de fin de ano, a partir das 11:30 horas con saída e chegada na Praza dos Campos, de San Ciprián. Os máis pequenos farán un corto percorrido, dando voltas á Praza dos Campos, e en función das idades. Para os adultos está disposto un recorrido duns 3 quilómetros, ó carón da ría. Na carreira poderán participar de xeito gratuíto todos aqueles veciños e visitantes que o desexen, sen límite de idades, con só inscribirse na mesma praza a partir das 10:30 horas. Ademais aqueles participantes que decidan vir disfrazados para participar na San Silvestre San Ciprián 2016 poderán optar a premios en función da categoría e da calidade do disfrace, entendendo por categorías individual, parellas ou grupos”.
 
José Ramón Soto engadiu que “esta é unha das moitas e variadas actividades que dende o Concello de Cervo se están a organizar con motivo destas vacacións de Nadal coa intención de que os nosos veciños, e sobre todo os nenos e nenas, poidan gozar facendo deporte colectivo, que ó mesmo tempo serve para manter o contacto entre eles”.