A asociación de veciños O Tesón, de Ribadeo, impartirá o 18 de marzo unha charla sobre a eclipse de sol que se poderá ver a vindeira fin de semana.

A asociación de veciños O Tesón, de Ribadeo, impartirá o 18 de marzo unha charla sobre a eclipse de sol que se poderá ver a vindeira fin de semana.
 
O próximo mércores, 18 de marzo, ás 20 horas a AVV O Tesón ten previsto usar o salón de presentacións da Casa das Letras para realizar unha charla sobre a observación da eclipse de sol do 20 de marzo.
Segundo explican "falarase do que é unha eclipse, as características da eclipse en Ribadeo e os métodos de observación, habida conta que mirar ó sol, con ou sen eclipse, sempre é un perigo para a vista. A charla será a preparación para a observación da eclipse, e será impartida por Antonio Gregorio Montes".
Desde O Tesón sinalan que "o comezo da eclipse será ás 9 e 7 minuto , e a fin, ás 11 e 20 minutos, despedíndose a eclipse de Galicia. O máximo será ás 10 e 11 minutos, momento no que as tres cuartas partes do Sol non se poderán apreciar. Aínda que está prevista a observación por un grupo de coñecidos, a asociación non organizará unha observación dirixida pola dificultade de mantemento entre a xente de condicións óptimas que non danen a vista e a responsabilidade que leva consigo".