A Aula CeMIT de Ribadeo organiza un curso sobre o uso do smartphone para persoas maiores. Será do 21 ao 28 de outubro.

A Aula CeMIT de Ribadeo organiza un curso sobre o uso do smartphone para persoas maiores. Será do 21 ao 28 de outubro.
 
A Aula CeMIT de Ribadeo organiza un curso sobre o uso do smartphone para persoas maiores, que se desenvolverá entre os días 21 e 28 de outubro en horario de tarde, entre as 16:00 e as 17:30 horas. A formación inclúe manexo de novos teléfonos móbiles e das súas vantaxes. O curso está organizado en colaboración coa Fundación Vodafone España e Amtega a través de vídeo-pílulas formativas presentadas por unha persoa maior que transmite confianza e seguridade, e coa axuda do Axente TIC. O curso está pensado tanto para os que xa teñen smartphone como para os que non, xa que no caso de non dispor dun hai 12 terminais para realizar o curso. 
 
A clases ensinarán a entender o smartphone, dende acender o teléfono, entender as iconas de pantalla, chamar, recibir chamadas, manexo da axenda de contactos, da cámara de fotos e vídeo, escribir mensaxes, conectarse a internet. Tamén se ensinará a descargar aplicación e coñeceranse algunhas recomendadas. O curso terá lugar os días 21, 22, 26, 27 e 28 de outubro de catro a cinco e media da tarde. 
 
Desde a Aula CeMIT aluden ás vantaxes que ofrece o uso destes teléfonos para as persoas maiores: “en aspectos relacionados coa súa seguridade  (xeolocalización, teleasistencia…), a posibilidade de gozar de novas formas de lecer,  maior relación cos demais,  unha mellor información debido ao acceso á prensa online e aplicacións de servizos xerais (accesibilidade, administración electrónica, m-saúde), e todo iso no peto ou no bolso á man, en calquera lugar e a calquera hora”.
 
As persoas que desexen asistir poden ir provistas do seu smartphone “e nós ensinámosche a utilizalo. Dispoñerás ademais dunha guía moi útil. Se non tes smartphone, acode igual, dispoñeremos de 12 terminais para realizar o curso”.
 
Para inscricións e máis información os interesados deben dirixirse á Aula CeMIT de Ribadeo, na Casa da Xuventude, chamar ao teléfono 982 120 732 ou ben escribir un mail a telecentro@ribadeo.gal