A nova edición do Campañazo de Acia/CCA de Foz, que arrinca o 8 de xaneiro, repartirá 2.400 euros en vales de compra durante este mes.

A nova edición do Campañazo de Acia/CCA de Foz, que arrinca o 8 de xaneiro, repartirá 2.400 euros en vales de compra durante este mes.
 
Este venres, 8 de xaneiro, da comezo unha nova edición do Campañazo que organiza ACIA/CCA de Foz e na que participan 64 firmas comerciais asociadas. Desde a directiva do CCA o seu presidente, José Carlos Paleo, lembra que “o sorteo, que da comezo ás once da noite, hai que seguilo nalgún dos 20 locais hostaleiros que participan con nós nesta consolidada cita e hai que apurarse a chamar a Radio Foz si alguén canta cartón. O primeiro levará 300 euros e teremos outros 300 euros para repartir entre o resto dos cartóns premiados”. 
O Campañazo terá lugar os días 8, 15, 22 e 29 de xaneiro. Cada noite poranse en xogo 600 euros, o que fai un total de 2.400 euros en vales de compra para gastar nos locais asociados ao Centro Comercial Aberto focense. 
Os comercios que participan no Campañazo de xaneiro de 2016 son: 100 P’S Zapatería y Complementos, Óptica Alain Afflelou, Asesoría Marcos Fernández, Bombonería Pastelería Amarena, Carnicería Mercedes, Carola Moda, Casa Moreda, Catorce Cero Catro Sneaker Shop, Cenor Belianorte, Centro Dietético Alba Vila, Centro Óptico Eliseo, Construcciones y Canalizaciones José SAA, Decoraciones Pura, Din Don, Don Zapato, Electricidad Núñez, Electrodomésticos Celso, Estación de Servicio de Foz, Estanco nº 2, Farmacia Mª Antonia Ulloa, Farmacia Fátima Saa, Ferretería Fuente, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hola Ola Outlet, Kukadas, La Flor Abulense, Lencería Esther, Librería Bahía, Longarela Moda Hombre y Mujer, Lourdes Moda Íntima, Maphre, María Docampo, MRW, Ofifoz, Parafarmacia Foz, Pastelería Cafetería Anduriña, Peluquería Ramoné, Pescadería Os Coyotes, Salai Campo, Sensación Surf Escola, Suministros Veipa, Vagaluz e Viajes Rodríguez.
E os locais hostaleiros son: A Bolera, A Viela, Acuario, As Brasas, Express, Happy Days, Costumes do Mar, Dandy, Xoyma, May Ros, Casa Maño, Portovello, Fraggle Rock, Marexada, O Náutico, pizzería Xoiña, A Soalta, Fina, Tangarte Mariñeiro e Tangarte Mesón.