Ata o 16 de maio está aberta a inscrición no concurso de Cantos de Taberna. que se desenvolverá durante o "Ribadeo de tapeo 2016".

Ata o 16 de maio está aberta a inscrición no concurso de Cantos de Taberna. que se desenvolverá durante o "Ribadeo de tapeo 2016".
 
Desde hoxe e ata o 16 de maio está aberto o prazo de inscrición no concurso de Cantos de Taberna, que se desenvolverá durante o Ribadeo de tapeo 2016. 
 
Nas bases, que se atopan publicadas na páxina web do Concello, recóllese que “os grupos participantes estarán formados por un mínimo de 5 persoas e un máximo de 10, que irán acreditadas de xeito visible. A participación no concurso estará limitado a 10 grupos e/ou un máximo de 100 persoas en total”. 
 
Desde a Concellaría de Desenvolvemento Local, Turismo e Comercio sinalan que “cada grupo percorrerá o itinerario que a organización lle marque, non podendo realizar actuacións noutros locais de hostalería que non lle fosen asignados. Cada grupo disporá de 15 minutos de actuación en cada local. O repertorio será de libre escolla, preferentemente con temas populares e tradicionais, incluíndo algunha obra de arraigo ribadense, que poderán variarse ao longo do percorrido. E cada grupo poderá aportar, xunto coas voces que serán obrigatorias, instrumentos musicais que os acompañen”.
 
As bases tamén indican que “cada grupo disporá dun pasaporte, que selarán en cada establecemento e que será o único medio de acreditación de ter realizado o percorrido. Os integrante de todos os grupos quedarán convidados a unha cea conxunta que se realizará na fin de semana seguinte ao Ribadeo de tapeo”. 
 
A inscrición nos Cantos de Taberna é de balde e realizarase a través de turismo@ribadeo.org ou chamando ao seguinte número de teléfono 982 128 689. Os participantes deberán achegar a ficha de solicitude dispoñible en www.ribadeo.gal 
 
O evento desenvolverase o 27 de maio a partir das oito da tarde.