Ata o 21 de agosto pódese visitar na Oficina de Turismo de Ribadeo a mostra "Lembranzas" de Marta L. Acevedo. Está composta por litografías con paisaxes da zona.

Ata o 21 de agosto pódese visitar na Oficina de Turismo de Ribadeo a mostra "Lembranzas" de Marta L. Acevedo. Está composta por litografías con paisaxes da zona.
 
Foi inaugurada na Oficina de Turismo, en Ribadeo, unha mostra que presenta a obra gráfica de Marta López Acevedo. A exposición titulada Lembranzas poderá visitarse ata o día 21 deste mes.
 
No acto interviñeron o concelleiro de Cultura, Farruco Graña, o membro numerario da Real Academia Galega Francisco Díaz-Fierros Viqueira e a propia autora. Tamén participou Irene Herrera con acompañamento ao violín.
A exposición Lembranzas está composta por imaxes de paisaxes da zona tanto urbanas como da ría e do campo, e mostran recordos da autora sobre Ribadeo, Castropol, As Figueiras, Tapia, Boal ou a ría de Ribadeo, entre outros.
 
O edil de Cultura dixo que “Marta López Acevedo ten fondas raíces no veciño pobo de Figueiras onde viaxa anualmente cada verán, e leva á práctica unha das súas afeccións preferidas: a litografía. Esta profesora de edafoloxía provoca coa súa obra pequenos flashes na nosa memoria colectiva mediante a creación de litografías sobre plancha off-set con posterior estampación mediante tórculo. Visitando esta exposición poderemos ver como se realiza esta técnica cun pequeno libro demostración no que se detallan os pasos a seguir para lograr o resultado final”.
 
A exposición Lembranzas poderá visitarse ata o vindeiro día 21 deste mes na Oficina de Turismo de Ribadeo.