Ata o 27 de decembro está aberto o prazo de inscrición para participar na San Silvestre 2016, que organiza a Concellaría de Deportes de Ribadeo.

Ata o 27 de decembro está aberto o prazo de inscrición para participar na San Silvestre 2016, que organiza a Concellaría de Deportes de Ribadeo.
 
Ata o 27 de decembro está aberto o prazo de inscrición para participar na San Silvestre, que organiza a Concellaría de Deportes de Ribadeo. Pode facerse na Casa da Xuventude ou en www.championchipnorte.com. 
 
A saída da carreira o vindeiro 31 de decembro terá lugar ás 16:40 horas para a mini San Silvestre na categoría ata 4 anos cunha lonxitude de 100 metros, e ás 16:45 horas tamén na mini San Silvestre para os participantes de 4 a 7 anos, que terán que percorrer unha distancia de 400 metros.
 
A saída da Milla será ás 16:50 horas para os corredores con idades entre 8 e 11 anos, e ás 17:00 horas a San Silvestre para os maiores de 11 anos, neste ano a lonxitude será de 5.000 metros.
 
Haberá premios en metálico e trofeos para os/as tres primeiros/as absolutos, masculino e feminino, e para os tres primeiros/as ribadenses masculino e feminino. Tamén haberá medallas para os/as tres primeiros/as do resto de categorías, ademais de trofeos para o gañador e gañadora das mini San Silvestre e da Milla.
 
No apartado de premios tamén haberá trofeo para o/a participante de maior idade que rematen a súa carreira tanto masculino como feminino. Os premios non son acumulativos.
 
Pode obterse máis información na Casa da Xuventude, no número de teléfono 982 129 889 ou deportes@ribadeo.org.