Cine e teatro na programación cultural do Concello de Foz para os días 29 e 30 de setembro. "A praia dos afogados" e "Bobas & Galegas" son os títulos dos que se poderá gozar.

Cine e teatro na programación cultural do Concello de Foz para os días 29 e 30 de setembro. "A praia dos afogados" e "Bobas & Galegas" son os títulos dos que se poderá gozar.
 
Este xoves na Casa da Cultura de Foz proxectarase a película A praia dos afogados e o venres actuará o dúo cómico Mofa & Befa coa obra titulada Bobas & Galegas.
 
A concelleira de Cultura, Silvia Blach, anunciou hoxe que “este xoves 29 ás 20:30 horas na Casa da Cultura de Foz temos cine. Por soamente 3 euros podemos ver a película A praia dos afogados, con xente como Celso Bugallo e Tamar Novas traballando nunha película onde se fala das peripecias do inspector Leo Caldas. É totalmente recomendable ir este xoves á Casa da Cultura a ver esta proxección de cine galego”.
 
A responsable de Cultura no Concello de Foz engade que “o venres 30, tamén na Casa da Cultura, ás 21:00 horas e soamente por 3´5 euros imos ter a Mofa & Befa con Bobas & Galegas”. É unha comedia protagonizada por este dúo cómico formado por Víctor Mosqueira e Evaristo Blanco.