Comezan os actos da Semana Santa na parroquia de Santiago de Foz, que se prolongarán ata o 27 de marzo.

Comezan os actos da Semana Santa na parroquia de Santiago de Foz, que se prolongarán ata o 27 de marzo.
 
Este sábado, día 12, comezaron na parroquia de Santiago de Foz os actos da Semana Santa. Na igrexa parroquial tivo lugar o inicio de Setenario das Dores.
 
Os actos continuarán o día 18, ás sete e media da tarde na igrexa parroquial coa celebración do Venres das Dores. O día 20, Domingo de Ramos, ás once da mañá será a bendición e a eucaristía na capela do asilo. Ás doce menos cuarto terá lugar a bendición no patio do colexio Martínez Otero e a eucaristía na igrexa parroquial. Tamén ás sete e media da tarde haberá celebración eucarística na igrexa parroquial. O día 21, Luns Santo, terá lugar a celebración penitencial da Coresma ás sete e media da tarde; o día 22, martes, haberá eucaristía ás sete e media da tarde; e o día 23 non haberá celebración da Eucaristía.
 
Xa o día 24, Xoves Santo, terá lugar a celebración da Cea do Señor ás catro e media na capela do asilo e ás sete e media na igrexa parroquial; e ás dez da noite será a Hora Santa na igrexa parroquial. O día 25, Venres Santo, ás dez da mañá terá lugar o Vía Crucis na igrexa parroquial, ás catro e media a celebración da Paixón do Señor na capela do Asilo e ás oito na igrexa parroquial. O día 26, Sábado Santo, ás dez da noite será a vixilia pascual na igrexa parroquial. E o día 27, Domingo de Resurrección, terá lugar a eucaristía de Pascua na igrexa parroquial ás doce do mediodía e tamén ás sete e media da tarde.
 
Pasada a Semana Santa, o 1 de maio celebrarase un encontro festivo de fin de curso como remate da catequese, polo que se invita a todos os que forman a Unidade Pastoral de Foz a esta xuntanza no colexio Martínez Otero, na que actuará o cantautor cristián Rogelio Cabado. E o día 8 de maio celebrarase a Festa do Perdón destinada a todas as parroquias da Unidade Pastoral e que será ás oito da tarde na igrexa parroquial focense.