Este mércores, 25 de febreiro, seguirá en Viveiro o ciclo de cine #Palestina organizado por Pensamento e Sementeira.

Este mércores, 25 de febreiro, seguirá en Viveiro o ciclo de cine #Palestina organizado por Pensamento e Sementeira.
 
O vindeiro mércores, 25 de febreiro, e dentro do ciclo de cine #Palestina que organiza o colectivo viveirés Pensamento e Sementeira en colaboración coa Fundación Araguaney-Ponte de Culturas, proxectaranse en Viveiro dúas películas máis. Trátase do documental “Jenin, Jenin” e da curtametraxe “Lesh Sabreen ?”.
“Lesh sabreen?”, ( Muayad Alayan, 2009 ) é unha curtametraxe sobre unha xove parella do barrio palestino do oeste de Xerusalén que ten que se enfrentar a problemas económicos, actitudes conservadoras e ás consecuencias da ocupación israelí.
“Jenin, Jenin”, ( Muhammad Bakri, 2002 ), espertou unha tormenta en Israel e até chegou ao Tribunal Supremo que tomou a decisión de prohibir a súa estrea. A película trata dos feitos de jenin en abril de 2002, cando o exército israelí invadiu o pobo de Cisxordania e o campo de refugiados como parte da chamada “Operación Escudo Defensivo”.
As proxeccións darán comezo ás 20 horas no salón de actos do IES María Sarmiento de Viveiro. A entrada é libre até completar o aforo da sala.