Foz acollerá hoxe xoves a proxección da película Le Week-end, a partir das 20:30 horas no Cenima. O sábado celebrarase ademais un Festival en beneficio do Asilo de Anciáns.

Foz acollerá hoxe xoves a proxección da película Le Week-end, a partir das 20:30 horas no Cenima. O sábado celebrarase ademais un Festival en beneficio do Asilo de Anciáns.

 

Foz acollerá esta semana tres actividades lúdicas englobadas dentro da programación organizada pola área de Cultura do Concello para o mes de decembro. Os actos comezarán hoxe, xoves 18, coa proxección da película Le Week-end ás 20:30 horas no Cenima, e continuarán o sábado, 20 de decembro, coa celebración do Festival en Beneficio do Asilo de Anciáns de Foz. Será a partir das 18:30 horas, na Sala Bahía. 

Dende a Concellería de Cultura de Foz informan que a proxección da comedia romántica Le Week-end forma parte do ciclo de Cinema no Cenima, que se leva a cabo neste mes de decembro no municipio, grazas ao apoio da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. O prezo para poder acceder á proxección deste filme será de 3 euros por entrada e os tíckets poderán adquirirse na propia porta do Cenima dende media hora antes do comezo da película. A cinta foi unha das máis demandadas polos veciños para ser proxectada neste ciclo e ten como argumento a volta dunha parella británica a París, anos despois da súa lúa de mel, para intentar revitalizar o seu matrimonio.

Por outra banda, o festival benéfico a favor do asilo de anciáns, que se levará a cabo o sábado 20, na Sala Bahía, contará coa presenza de diferentes agrupacións musicais e de animación. Serán o grupo O Feitizo, o coro infantil da Escola de Música de Foz, o grupo de teatro A Adala, a asociación folclórica Andaravío, o grupo de saxos da Escola de Música de Foz e o Mago Jorge.