Futbolín

Etiquetas:
07/02/2023

O bar Goretti, de O Vicedo, acollerá este sábado, 11 de febreiro, pola tarde un torneo de futbolín organizado pola comisión de festas de Santo Estevo.

A organización anuncia que “será o sábado 11 de febreiro (hora por determinar en función dos equipos) e haberá premios para os primeiros e segundos clasificados. Correde anotarvos no teléfono 634.81.16.85”.

O prazo para inscribirse remata este xoves, día 9, e o prezo son 10 euros por parella.

 

Etiquetas:
14/06/2019

O Centro Social de Lago organiza, por primeira vez, un CAMPIONATO DE FUTBOLÍN, contando coa colaboración do Concello de Xove e a empresa Lucus Recreativos.

O Campionato vaise desenvolver este SÁBADO, 15 DE XUÑO, A PARTIRES DAS 17:00 HORAS no Centro Social de Lago. No mesmo está previsto a participación de 16 parellas.

A inscrición, que inda está aberta e custa 20 €uros por parella, pódese facer no teléfono  664 86 98 78 ou ben no propio Centro Social.

O formato do Campionato vai ser similar ao da champions futbolística, cunha Primeira Fase con 4 grupos de 4 parellas cada grupo, onde xogarán sistema de liga de todos contra todos. Para seguinte fase pasarán as 8 mellores parellas, 2 por cada grupo, que disputarán eliminatorias directas ata chegar á final, con premios as catra primeiras...

leer más