O Centro Social de Lago, en Xove, acollerá por primeira vez un Campionato de Futbolín. Celébrase o 15 de xuño.

O Centro Social de Lago organiza, por primeira vez, un CAMPIONATO DE FUTBOLÍN, contando coa colaboración do Concello de Xove e a empresa Lucus Recreativos.

O Campionato vaise desenvolver este SÁBADO, 15 DE XUÑO, A PARTIRES DAS 17:00 HORAS no Centro Social de Lago. No mesmo está previsto a participación de 16 parellas.

A inscrición, que inda está aberta e custa 20 €uros por parella, pódese facer no teléfono  664 86 98 78 ou ben no propio Centro Social.

O formato do Campionato vai ser similar ao da champions futbolística, cunha Primeira Fase con 4 grupos de 4 parellas cada grupo, onde xogarán sistema de liga de todos contra todos. Para seguinte fase pasarán as 8 mellores parellas, 2 por cada grupo, que disputarán eliminatorias directas ata chegar á final, con premios as catra primeiras parellas clasificadas:
   1º clasificados: 50% da inscrición + trofeos + sorpresa.
   2º clasificados: 30% da inscrición + trofeos + sorpresa.
   3º clasificados: 20% da inscrición + trofeos.
   4º clasificados:  trofeos 

As normas baixo as que se vai a disputar este Campionato van a ser as da Liga Nacional de Futbolín LNF.

A Organización quere invitar a tódolos afeccionados a este deporte de salón a que asistan, ou como participantes, inscribíndose no campionato, ou ben como espectadores, para disfrutar da arte futbolinística dos grandes xogadores que van a participar.

Decir, por último, que o Centro Social conta cun amplo aparcamento para vehículos.