Foz acollerá o 8º Campus de Verán de Patinaxe Artística para maiores de 4 anos. Será do 29 deste mes ao 3 de xullo.

Foz acollerá o 8º Campus de Verán de Patinaxe Artística para maiores de 4 anos. Será do 29 deste mes ao 3 de xullo.
 
Foz acollerá a oitava edición do campus de verán de patinaxe artística para maiores de 4 anos de idade dende o 29 deste mes de xuño ata o 3 de xullo. Esta actividade foi presentada hoxe cun acto no que participou o alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, e o prazo de inscrición remata o día 21 deste mes.
O rexedor municipal explicou que “no día de hoxe vimos de presentar o oitavo campus de verán de patinaxe artística organizado polo Concello de Foz, un curso de iniciación e perfeccionamento da patinaxe artística para rapaces maiores de 4 anos. É unha actividade moi demandada, practicamente o mellor de Galicia nesta modalidade e ten moi boa aceptación. Vaise realizar os días 29 e 30 de xuño e 1, 2 e 3 de xullo. As clases comezan ás 10 e media da mañá e rematan ás 7 e media da tarde. Pódense inscribir nenos e nenas de Foz e do resto da Mariña. O prezo xeral é de 100 euros, menos para os alumnos das escolas deportivas municipais de Foz, que teñen un desconto de 15 euros, polo que quedaría en 85 euros. Tamén hai outros descontos para o segundo e o terceiro irmán. Poden apuntarse chamando aos teléfonos de información 636.504.155 ou ao 686.105.917 ata o día 21 deste mes. Normalmente cóbrense todas as prazas, polo que todos aqueles que estean interesados, alumnos e pais, deben poñerse en contacto co Concello de Foz ou ben con eses números de teléfono que acabo de dicir. Tamén no facebook do Concello de Foz vai haber bastante información sobre este campus”.
Javier Castiñeira especificou que nas actividades do campus “inclúese un refrixerio a media mañá, comida e merenda, ademais dunha serie de obsequios para os rapaces e bonos desconto en tendas de deportes”.
O alcalde destacou que esta iniciativa “é unha oferta importante para os pais, porque na época xa de vacacións vailles permitir conciliar a vida laboral co ocio dos rapaces. Estamos moi contentos porque xa son 8 anos,  a demanda é moi boa e animamos a todo o mundo a que se apunte e goce deste campus de verán de patinaxe artística”.