Donas

Etiquetas:
15/10/2020

Teatro do Atlántico presentará este sábado, 17 de outubro, Dúas donas que bailan. A obra, dentro da RGTA, terá lugar no Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, a partires das 20:30 horas.

Esta obra de Benet i Jornet conta a historia dunha muller maior, viúva, que soña cunha viaxe a París, e que se resiste a abandonar o esfarelado piso no que habita, malia as presións dos fillos e da axencia propietaria do inmoble. Todos eles teñen outros plans para a vivenda. A filla, en tanto non consegue que a nai mude de actitude, contrata a unha muller para que vaia facer os labores domésticos da casa dúas veces por semana. A muller contratada é unha profesora de Lingua e Literatura, de mediana idade, cun carácter contestatario, que é parello ao da protagonista. A presenza da contratada non é ben recibida e convértese nun inquietante, e por veces traxicómico,...

leer más