Imdecum presentou o 3º campus "Máis que fútbol" de Burela, que se celebrará do 13 ao 18 de xullo.

Imdecum presentou o 3º campus "Máis que fútbol" de Burela, que se celebrará do 13 ao 18 de xullo.
 
Imdecum presentou esta mañá a terceira edición do Campus de Fútbol Base ‘Máis que Fútbol’ de Burela. O complexo deportivo da Marosa, escenario do clínic entre o 13 e o 18 de xullo, acolleu o acto; xunto ao presidente da Fundación, Marcelino Luna, e o coordinador do campus, Juanma Marrube, tamén participaron, como colaboradores na organización da cita futbolística, o directivo da AFD Porto de Burela, Alberto Rega Río, e o alcalde de Burela, Alfredo Llano, ademais do edil Ramiro Fernández.
Ao longo de 6 días os rapaces/as de entre 6 e 15 anos (prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete) terán a oportunidade de coñecer máis sobre o fútbol sen deixar de divertirse, compatibilizando adestramentos, campionatos de precisión, pase, tiro..., torneo interno, con piscina, talleres de ocio, a práctica doutros deportes e visitas de interese.
O clínic tamén conta co apoio do CD Burela FS Pescados Rubén e Gadis.
Matrícula
O prazo de matrícula estará aberto ata o mércores 8 de xullo. O prezo por alumn@ será de 130 euros (110 € para AFD Porto de Burela e ED Burela FS), incluíndo actividades en xornada de mañá (10.00-14.00) e tarde (17.00-20.00) e aperitivo de media mañá e merenda. As familias que apunten máis dun nen@ terán un 20% de desconto a partir da segunda matrícula. Banco Santander: ES 57 0049 0541 2722 10445391
Máis información en :
982888610//696831563
Avenida Arcadio Pardiñas, número 91, baixo, Burela
Axenda estival
Estreándose na organización de Máis que Fútbol de Fútbol de Burela, Imdecum ofrecerá tres campus ao longo do mes de xullo. Abrirá a súa xira formativa do verán 2015 o día 7 co I Campus de Fútbol Sala Base da Fonsagrada, ata o sábado 11, e entre o 20 e 25 de xullo trasladarase a Asturias para o II Campus de Fútbol e Fútbol Sala Cangas del Narcea.